Viaxamos a "Europa comeza en Lampedusa" 2017

O noso centro está seleccionado para participar no proxecto "L'Europa comincia a Lampedusa" do MIUR (Ministerio de Educación, Universidade e Investigación de Italia) en 2017.



Nos participamos nesta convocatoria co presente proxecto de unidade didáctica, para desenvolver no curso 2017-2018 con materiais artísticos achegados por alumnado de 1º de bacharelato de artes do I.E.S. María Soliño de Cangas do Morrazo e actualmente aberto a participación, cooperación ou colaboración de calquera membro dunha comunidade educativa.

A edición 2107 do proxecto contará coa participación de 200 estudiantes europeos para participar en obradoiros sobre temas de migración con actividades lúdicas e educativas nunha reunión de 3 días en Lampedusa.





Audiovisual do noso proxecto.




"Ninguna isla es sólo una isla"
"No island is just an island"

Subtítulos no icono de configuración.
Audiovisual do canal de youtube Europa Lampedusa.


Este video contextualiza os fluxos migratorios recentes, expon o problema dun xeito integral e convirteo nun traballo de equipo participante-espectador que conduce á proposta dunha solución concreta para o fenómeno nunha resolución para a sección xuvenil do Parlamento Europeo. Descargar a resolución  ( en inglés)